Hugo Pratt Hugo Pratt naceu nunha praia de Rímini (Italia) o 15 de xuño de 1929, aínda que, por orixe familiar e por escolla persoal, sempre se sentiu habitante de Venecia, cidade na que transcorreu a súa infancia e parte da súa xuventude. Aos 10 anos empezou a debuxar cómics e aos 17 anos, tras vivir a súa primeira e intensa aventura africana, pon en marcha a súa primeira publicación, As de picas, en colaboración con varios amigos cos que forma o chamado Grupo de Venecia. A partir dese momento, viaxar, coñecer outras culturas, debuxar, amar e vivir intensamente formaron o seu mapa personal da felicidade.

Etiopía, Brasil, China ou Arxentina teñen un espazo importante na biografía de Pratt quen, a través do seu famoso personaxe Corto Maltés, foi escribindo a biografía dun heroe no que o autor e a criatura parecen fundirse nunha mesma personalidade. A morte, varias veces esquivada na súa bitácora de viaxe, sorprendeu a Hugo Pratt o día 20 de agosto de 1995, pero o seu mito continúa vivo e a súa obra segue a engaiolar lectores de todo o mundo.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Corto Maltés. Patio oculto chamado Arcano
Unha nova aventura de Corto Maltés15,50€

mercar
Corto Maltés. Balada do mar salgado
Xeracións de lectores atoparon en Corto Maltés o heroe, o alter ego, a voz digna da integridade humana e mesmo o amor que tamén se pode sentir polos personaxes literarios.16,40€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR