Heidi Kühn-Bode Heidi Kühn-Bode naceu en Eching, Bavaria (Alemaña) en 1945 e finou en A Coruña o 20 de maio de 2020. Dentro dun só corpo, Heidi fai convivir unha pintora, unha violinista, unha nadadora, unha frautista, unha poe­ta, unha novelista, unha dramaturga, unha xar­di­neira, unha tradutora, unha xornalista... Ter tres fillas e varios netos é algo tan importante na vida de Heidi que non podería caber en centos de páxinas de biografía o que diso se podería escribir. Pero tamén ten outros fillos e outros netos, con corpo e voz de papel. Velaquí algúns dos seus nomes: Fideliño o carteiro (1991), Teatro para contistas (2002), Os mundiños (2003, polo que recibiu o Premio Estornela de Teatro para Nenos da Fundación Xosé Neira Vilas), ou Pomerania, meu amor (2005), entre outros. As súas obras, como ela, falan en varios idiomas: en alemán, no que empezou a rir, en galego, que adoptou como segunda pel, en inglés, que domina á perfección, en castelán, en dinamarqués... En todas esas linguas e máis (porque Heidi é experta en filoloxías) conta o mundo e o mun­do, de súpeto, séntese mellor. Porque ao mundo, como ás persoas, gústalle tamén que alguén o saiba entender.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Falou un queixo
Con este libro abrirás a boca!13,75€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR