Naceu no ano 1951 en Alicante, cidade na que segue a vivir e a traballar. Catedrático de Literatura Española nun instituto de bacharelato da súa cidade, González i Caturla iniciou a súa vida literaria coa publicación de dúas recopilacións de lendas e contos de tradición oral das comarcas máis meridionais do País Valenciano. Estes traballos espertaron o seu gusto pola literatura xuvenil e o animarían a escribir, entre outros títulos, Tot l’estiu per davant, que agora aparece traducido ó galego.