Catedrático de Ciencia Política no departamento de Ciencia Política da Universidade do Quebec, en Montreal, é titular da cátedra de investigación do Canadá en estudos quebequeses e canadenses. Tamén é director do Centro de Investigación Interdisciplinaria sobre a Diversidade e da Democracia (CRIDAQ) no Québec e coordinador do Grupo de Investigación sobre as Sociedades Plurinacionais. Recibiu o Premio Josep Maria Vilaseca i Marcet, concedido polo Instituto de Estudos Autonómicos da Generalitat de Cataluña, pola súa obra Au-delà de la nation unificatrice: plaidoyer pour le fédéralisme multinational, e tamén o Premio Marcel-Vincent, entregado pola Asociación Francófona para o Saber. Cómpre salientar a súa achega científica. En 2008, recibiu o Premio de excelencia da Sociedade Quebequesa de Ciencia Política e foi elixido membro da Sociedade Real do Canadá. En 2010, obtivo a Cátedra de Excelencia Santander da Universidade Carlos III de Madrid. O mesmo ano, mereceu o prestixioso Premio Trudeau, concedido pola Fundación Pierre Elliott Trudeau polo seu liderado científico.