Frances Hodgson Burnett (Mánchester, 1849 - Nova York, 1924) foi unha escritora británica nacionalizada estadounidense. Tras á morte do seu pai e polas dificultades económicas que pasaba a familia, emigraron aos Estados Unidos en 1865, onde Frances axudou á economía familiar escribindo poemas e relatos en revistas femininas. Tras publicar algunhas obras teatrais e novelas, o éxito chegoulle en 1885 con O pequeno lord, ao que seguiron A princesiña (1905) e xardín secreto (1910), que conforman a súa triloxía dirixida ao lectorado máis novo, entre outras moitas obras, onde queda reflectida a súa difícil traxectoria vital (penurias económicas, a emigración, varios divorcios, a morte do seu fillo maior, a sociedade puritana en que vivía) e as súas lecturas favoritas. Mary Lennox é unha consentida rapaza que, tras a morte dos seus pais na India debido a unha epidemia de cólera, vai vivir co seu tío Archibald Craven, viúvo e cun fillo enfermo, na súa agoniante mansión de Yorkshire, xunto coa estrita ama de chaves Medlock.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
O xardín secreto
Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia14,90€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Xácome o fatalistaDenis Diderot
O can e o gatoManuel Pombo Arias
DemeraraWagner G. Barreira

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR