Fontes, Carlos

carlos
Fontes, Carlos

Carlos Fontes (Vilaboa, 1968). Traballa como xornalista ademais de colaborar na organización de actos culturais para diferentes entidades. Recibiu o primeiro premio na XVI edición do Concurso de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro da asociación cultural homónima de Cornellà (Barcelona), en 2002. Obra súa figura nos poemarios colectivos O Trazo Aberto (Deputación Provincial de Pontevedra, 2002), Pontevedra literaria (Concello de Pontevedra, 2007) e Os poetas de Vigo cantan á poesía (Rodeira, 2008). Fixo circular algúns dos seus poemas en pequenas edicións de cordel, a última, titulada Descarga (2008), en colaboración co escritor cubano Félix Contreras. A finais de 2008 publica o seu primeiro libro de poemas, Quero colo, na Editorial Espiral Maior. No ano 2009 sae á luz Poemas con piruleta, poesía para cativos editada por Galaxia, e no 2012 Versos en flor.

As súas obras

Versos en flor
versos
8.30€ CON IVE
Poemas con piruleta
poemas
esgotado