Florentino L. Cuevillas (Ourense 1886-1958) ingresou en 1918 nas Irmandades da Fala, xunto a Losada Diéguez, Otero Pedrayo e Vicente Risco, entregándose de cheo á causa galeguista. En 1920 comezou a colaborar na revista Nós, formando parte da súa directiva, á vez que se interesou pola prehistoria galega, converténdose nun prehistoriador, arqueólogo e etnógrafo dos máis prestixiosos da súa xeración, considerado o primeiro sistematizador da prehistoria galega. En 1924 ingresou no Seminario de Estudos Galegos co traballo “A edade de ferro na Galiza”. Do seu labor investigador xurdiron gran variedade de traballos que viron a luz na revista revista Nós, no Boletín da Real Academia Galega, nos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense e en Cuadernos de Estudios Gallegos,  entre outras publicacións.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Prosas galegas
Segundo Ricardo Carballo Calero, as Prosas galegas de López Cuevillas caracterízanse pola súa seguridade, o equilibrio retórico e a súa trasparente sinceridade e claridade.16,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

A retranca. Un intento de clarificaciónFélix Caballero Wangüemert
Dos meus recordosManuel García Barros
EnredosManuel García Barros

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR