Naturalista e investigador nado en Vigo en 1941. Foi fundador e presidente da Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía e o Instituto Galego de Estudios Mariños. Os seus achegamentos nos ámbitos da natureza e da etnografía galega son de gran valía. Ten publicados numerosos libros sobre a fauna galega, en especial a das illas atlánticas, e sobre petos de ánimas, cruceiros, epitafios e outras manifestacións da cultura tradicional.