Doris Lessing Doris Lessing (Kermanshah, Irán, 1919 - Londres 2013), a súa obra literaria ten moito de autobiografía, inspirándose na súa experiencia africana, na súa infancia, nos seus desenganos sociais e políticos. Os temas plasmados nas súas novelas céntranse nos conflitos culturais, as flagrantes inxustizas da desigualdade racial, a contradición entre a consciencia individual e o ben común. En 1962 publica a súa novela máis coñecida, O caderno dourado, que a catapultou á fama converténdoa na icona das reivindicacións feministas.

É autora dunha extensa obra narrativa e dunha celebrada autobiografía en dous volumes, Under my Skin e Walking in the Shad. Na súa obra máis recente, Alfred and Emily, conta a historia da súa nai e de seu pai combinando dous puntos de vista opostos: o real e o ficticio.

En 2007 recibiu o Premio Nobel de Literatura pola súa «capacidade para transmitir a épica da experiencia feminina e narrar a división da civilización con escepticismo, paixón e forza visionaria».


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
O caderno dourado
ESGOTADO0,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas

DORIS LESSING EN GALEGO2009-04-22 09:30:19

Actividades relacionadas


Novidades

A retranca. Un intento de clarificaciónFélix Caballero Wangüemert
Dos meus recordosManuel García Barros
EnredosManuel García Barros

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR