(Ourense, 1901 – Barcelona, 1950), escritor, irmán de Augusto Casas, formou parte da organización xuvenil Ultreya, en 1933 creou a agrupación independentista Vangarda Nacionalista Galega e o boletín cultural Alento (1934). Co inicio da Guerra Civil emigrou ao Brasil e á Arxentina. Entre as súas obra narrativas destacan Ladaíña (1927) e Xornadas de Sebastián Albor (1931). Como autor dramático escribiu máis dunha ducia de pezas e como poeta deu a coñecer Sulco e vento (1931) e o diario lírico Rechouchío (1936), ademais dunha ampla obra en castelán.