Músico, xornalista e escritor galego nacido en Vilalba en 1935. Desde 1956 residiu en París, onde traballaba para Radio Francia Internacional e outros medios de comunicación como Le Monde e Le Monde Diplomatique. En 1991 foi nomeado Cabaleiro das Artes e das Letras polo goberno francés. Foi autor de excelentes libros enmarcados no xornalismo literario e político, como Après Franco, l’Espagne e Un tren de hielo y fuego: Mano Negra en Colombia. Como novelista deuse a coñecer con El lago de Como. Xa en galego publicou O camiño de Prisciliano e A paixón de Carolina Otero.