![]()
César Morán
"A música entrou en min antes mesmo que a literatura. Aos catro anos os veciños escoitábanme cantar polos tellados. Aos cinco tiven un pequeno acordeón verde. Caín enriba del e doeume o labio. Aos sete o meu pai ensinoume a tocar por cifra no primeiro saxofón de plástico. Aos oito aprendín coa harmónica e aos catorce inicieime na guitarra e no piano e comecei a cantar en público. Desde entón fáiseme difícil prescindir da música en calquera cousa da vida, de xeito que sen querer reduzo a ritmos e melodías a expresión do ordinario: unha frase á saída do elevador, o traqueteo dun tren, o cacarexo das pitas ou o paso do cuspe no cinema. Lembro cando neno o pregoeiro señor Vicente, coa súa corneta, anunciando o que viña de peixe, e vexo máis música na súa voz que na corneta. OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A
|
RecensiónsNoticias relacionadasConcerto de presentación de HABERÁ PRIMAVERA en Vigo2012-03-27 10:17:59 Un agasallo para os sentidos2012-03-27 10:17:59 Concerto de HABERÁ PRIMAVERA na Coruña2012-08-07 12:42:49 Unha fin de semana con moita música2014-05-12 09:15:14
Actividades relacionadasConcerto-presentación do libro HABERÁ PRIMAVERA2011-12-20 20:00:00 Concerto de HABERÁ PRIMAVERA na Coruña2011-12-08 22:00:00 Concerto de HABERÁ PRIMAVERA en Mondoñedo2011-12-22 21:00:00 Concerto de HABERÁ PRIMAVERA na Coruña2012-06-16 21:00:00 César Morán en Allariz2012-11-24 20:30:00 Actuación de Uxía e César Morán na Gala das Letras da AELG2013-05-04 20:00:00
Novidades
|
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies
ACEPTAR