Carlos Mella Carlos Mella (O Foxo, A Estrada, 1930), economista, político e escritor, é doutor en Direito pola Universidade Complutense de Madrid. Foi Vicepresidente da Xunta de Galicia e deputado no Parlamento. Ex-presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. A súa obra literaria iníciase en 1990 con "Non somos inocentes", libro de memorias dun "político galego en excedencia", no que se pasa unha irónica revista ós primeiros tempos da política autonómica galega. No ensaio "A Galicia posible" (1992) esboza unha reflexión sobre Galicia tentando adiviñar o horizonte de futuro. Co libro de relatos "O protocolo xaponés" (1992) e a novela "Bieito, Bieito" (1993) introdúcese no eido da ficción, ao que ha volver en 2005 con "Luces de Fisterra". O ensaio "A falacia do economicismo" (1994) e a escolma de artigos "Coa palleta distraida" (1994), nos que reflicte unha visón entre agarimosa e cruel do acontecer cotián da nación galega, amosan as múltiples facetas da súa obra.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Memorias dun ninguén
Unha biografía novelada que tamén é un conto longo escrito con esa fina ironía que todo o relativiza á vez que o fai esencial.15,50€
 

Recensións


Noticias relacionadas

Os brincos da vida2009-09-14 14:42:15
Memorias dun ninguén2010-03-26 19:05:34
Os mellores de 20092011-06-28 10:54:34

Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR