Carlos Fontes Carlos Fontes (Vilaboa, 1968). Traballa como xornalista ademais de colaborar na organización de actos culturais para diferentes entidades. Recibiu o primeiro premio na XVI edición do Concurso de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro da asociación cultural homónima de Cornellà (Barcelona), en 2002. Obra súa figura nos poemarios colectivos O Trazo Aberto (Deputación Provincial de Pontevedra, 2002), Pontevedra literaria (Concello de Pontevedra, 2007) e Os poetas de Vigo cantan á poesía (Rodeira, 2008). Fixo circular algúns dos seus poemas en pequenas edicións de cordel, a última, titulada Descarga (2008), en colaboración co escritor cubano Félix Contreras. A finais de 2008 publica o seu primeiro libro de poemas, Quero colo, na Editorial Espiral Maior. No ano 2009 sae á luz Poemas con piruleta, poesía para cativos editada por Galaxia, e no 2012 Versos en flor.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Versos en flor
Un libro para gozar da palabra e saber que a vida é un lugar fermoso7,85€

mercar
Poemas con piruleta
Un libro cheo de sabor. Versos riquísimos.7,85€

Recensións


Noticias relacionadas

Versos en flor2012-06-08 12:11:44

Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR