Carlos Coira Carlos Coira Nieto (Rábade, 1969). Licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, funda a editorial Tris-Tram no ano 1994 e en 1997 abre en Lugo a libraría Trama, sendo esta a súa actividade principal.

No ano 2000 funda a compañía Matapiollos Teatro con Jorge Yáñez e Marta Rivas, e con eles comeza a súa andaina no mundo do teatro para nenos. Con Marta e Jorge percorre Galicia nos anos 2008 e 2009 coas obras Flis-fli-ris-flás e A Rebelión do Monicreque, ambas escritas por Araceli Gonda, en dúas campañas de animación á lectura promovidas por Editorial Galaxia.

Tamén adica parte do seu tempo ao mundo do ilusionismo dende que era un rapaz (aínda conserva películas en super-8 nas que xa está facendo maxia con 7 anos).

No ano 2010 escribe Abrapalabra xunto co poeta Antón Cortizas e o ilustrador Jacobo Fernández, un libro que xunta a poesía e a maxia para os máis pequenos e que o está levando a percorrer cen concellos de Galicia para poder compartilo, a través dun espectáculo de maxia, con milleiros de nenas e nenos de todos os recunchos.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
ABRAPALABRA!
Ollo con este libro, vaia mago que vas dar!15,50€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas

ABRAPALABRA! no Achegarte2011-04-02 17:30:00

Novidades

Carliños, capitán!Xoán Babarro González
Unha cervexa ChangManuel Portas
O meu sangueDiego Giráldez
MaasaiAlberto Avendaño

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR