Calato, Óscar

Óscar Cálato
Calato, Óscar

Presume Óscar Calato de ter nacido no día de todos os defuntos, aínda que, sen rubor ningún, tamén recoñece ignorar de que xeito este pequeno detalle puido influír sobre o seu carácter, se como sinal de manifesta ousadía, a modo de marcada contradición ou, simplemente, unha mostra palpable de impresionante teimosía. A súa intención, de cativo, era converterse nun estrano ser, unha complexa mestura entre Elvis Presley, Mazinger Z e Darth Vader. Pero a experiencia demostroulle que é moito máis práctico tratar de vivir, coa axuda das palabras, nunha constante viaxe atemporal, aínda que para iso sexa preciso traballar coma buzoneiro, merchandiser, banqueiro, canguro, contable, bolseiro, profesor, chofer ou camareiro… Nada comparado co que ten previsto ser de maior, claro. Reencarnarse en dourada, pois iso de ser hermafrodita proterándico, pensa, non ha ser cousa aburrida.

As súas obras

Frío, frío
frio
11.80€ CON IVE