Ramón Blanco (Outes, 1979) é licenciado en Filoloxía Galega. Traballou no sector da edición, no ensino secundario e como xornalista cultural. Pertence ao colectivo literario Sacou e publicou os poemarios Orfeu en soños (2005) e Emily on the road (2012). É coautor do libro Francisco Añón: aproximación didáctica (2005) e presentou relatorios en cursos dedicados ao poeta. Na revista Terra de Outes publicou artigos dedicados tamén a aspectos da vida e obra de Añón.