Bieito Iglesias

Bieito Iglesias (Ourense, 1957). Estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago e exerce de catedrático de lingua e literatura galegas en Compostela. Actualmente colabora como articulista n´A nosa terra e en Tempos Novos, labor polo que obtivo o Premio Blanco Torres no ano 2004 e que ao ano seguinte se publicaría reunido no libro Barcos a pique.

Deuse a coñecer como narrador en 1988, obtendo o premio Modesto R. Figueiredo de relato breve. Como narrador publicou as novelas Vento de seda, A vida apoteósica e A historia escríbese de noite, pola que recibiu o Premio García Barros, amais dos libros de relatos Aventura en Nassau, Miss Ourense, O mellor francés de Barcelona, Amor e música lixeira e Pan e coitelo, libros que chamaron a atención de críticos e lectores. O mesmo ocorreu con Bajo las más bellas estrellas, novela en castelán coa que gañou o premio Ciudad de Salamanca.

Bieito Iglesias é tamén o autor, xunto con Manuel Vázquez, das magníficas traducións ao galego das novelas e relatos de Arthur Conan Doyle agrupados na Biblioteca Sherlock Holmes (Galaxia, 1995-1997).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Miss Ourense
mercar
Miss Ourense
Catro relatos policíacos ambientados en Ourense e protagonizados polo inspector Gumersindo Nespereira, un home que non está disposto a consentir que ninguén lle tome o pelo.14,75€
contos
mercar
Contos da terra da tarde
Asuntos de actualidade coma a eutanasia, o racismo, a soidade urbana ou a exclusión dos vellos combínanse con personaxes excéntricas mais ambos e dous, temas e caracteres, abórdanse cunha ollada que revela os seus recantos escuros, eses que ilumina a luz crepuscular baixo a que se coloca este novo conxunto de historias do autor de 'Pan e coitelo'.19,95€
o mellor frances
mercar
O mellor francés de Barcelona
Dez relatos nos que o autor nos ofrece unha narración enérxica e irónica da Galicia contemporánea.15,60€
historia escribese de noite
mercar
A historia escríbese de noite
Un relato literario, á vez elexíaco e grotesco, da Galicia actual a través do mundo da prostitución.15,60€
amor musica lixeira
mercar
Amor e música lixeira
Libro de relatos que se presenta baixo un título composto por dúas palabras maiores: amor e música.

16,75€
pan
mercar
Pan e coitelo
A última e esperada obra de Bieito Iglesias, unha novela moi moral.14,50€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR