Barker, Clive

clive
Barker, Clive

Clive Barker (Middlesbrough, Yorkshi­re, 1931-York, 2005) formouse na Bristol Old Vic School e pasou a formar parte do Theatre Workshop de Joan Littlewood en 1955, onde iniciou unha longa traxectoria como actor e director, realizando traballos en Inglaterra, Alemaña, Estados Unidos ou Colombia, con autores como Brendan Behan, Tom Stoppard, Christopher Marlowe, Shelagh Delaney, Slavomir Mrozek ou Miguel de Cervantes. En 1966 comezou a súa longa traxectoria docente na Universidade de Birmingham, no departamento de Drama e Artes Teatrais, traxectoria que remataría na Universidade de Warwick en 1996. Tamén desenvolveu unha longa actividade no ámbito do teatro social e comunitario e no campo do teatro para persoas con necesidades educativas especiais, colaborando habitualmente co grupo The Shysters.

As súas obras

Xogos teatrais. Unha perspectiva nova na educación teatral
xogos
28.75€ CON IVE