Ares, Penélope

PENELOPE ARES
Ares, Penélope

Naceu en Lugo (cidade amurallada en todos os sentidos) en 1964.

Da súa infancia di que lembra as feridas eternas nos xeonllos, os doces que facía a súa madriña e os días abafantes de agosto, buscando cabezolos á beira do Miño, mentres agardaba que pasaran as dúas horas da dixestión para poder bañarse na auga escura. Lembra tamén os cabaliños brancos con pintas negras que debuxaba ás agochadas nas clases de matemáticas; levaban grandes fitas vermellas no pescozo.

Despois medrou, e non debeu facelo, pensa.

Aos 25 anos descubriu o mundo da ilustración infantil.

O mundo dos nenos é un país de cores e de soños. Pode ser outra cousa a felicidade?

As súas obras

Non se atoparon obras deste autor