Antonio Noriega Varela (Mondoñedo, 1869-Viveiro, 1947), coñecido como “o poeta da montaña”, e inscrito na denominada “xeración de entre séculos”, tras abandonar a carreira eclesiástica fíxose mestre e comezou a exercer en Foz, onde coñeceu o agrarismo e o movemento anticaciquil da man de Antón Villar Ponte, aínda que sempre militou nunha ideoloxía conservadora e tradicionalista. Logo pasou por outros destinos e en Trasalba trabou amizade con Otero Pedrayo, entrando en contacto coas Irmandades da Fala e a literatura portuguesa, con im-portante pegada na súa obra. En 1904 publicou o seu primeiro libro, Montañesas, ampliado en 1920 co título de Do ermo, e aumentado na edición de 1946, a xeito de recompilación da súa obra. En 1913 deu ao prelo unha escolma de cantigas populares na honra da Virxe María, A Virxe e a paisanaxe, e en 1928 Como falan os brañegos, unha colección de ditos, frases e adiviñas po-pulares. En 1927 foi nomeado membro da Real Academia Galega.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Do ermo
Antonio Noriega Varela achéganos en Do ermo á vida dos labregos en diálogo coa natureza coa intención de rescatar a esencia máis pura e sinxela desta.16,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

As filloas de ManolaR. J. PeraltaBlanca Millán
CornucopiaRaúl M. Santos

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR