OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A
|
RecensiónsNoticias relacionadasActividades relacionadasNovidades
|
![]() Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca son dúas irmás mestras de infantil que desde 2010 amosan o seu traballo na escola pública galega no blog InnovArte Educación Infantil, co ánimo de que se coñeza parte do que nela se fai e que, malia o seu valor, sempre queda oculto entre os muros dos centros. As experiencias de aula, reflexións educativas, recomendacións de lectura e outras moitas informacións deron lugar a que, a día de hoxe, se atopen máis de 1.200 post, lidos por milleiros de seguidores de toda Iberoamérica. Recibiron o premio Mestre Mateo (2011) polas súas colaboracións educativas no ámbito audiovisual; o Francisco Giner de los Ríos á mellora da calidade educativa (2012), e varios a nivel autonómico (2001-2003). Representaron a España na I Rede Iberoamericana de Innovación Educativa en Educación Infantil polo ciclo 3-6 (2014). En 2016 foron galardoadas co Marta Mata de Pedagoxía polo libro Os fíos de infantil, publicado en catalán, castelán, galego e portugués brasileiro. OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A
|
RecensiónsNoticias relacionadasActividades relacionadasNovidades
|
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies
ACEPTAR