Andersch, Alfred

Andersch
Andersch, Alfred

Naceu en Munich no ano 1914. De rapaz militou nas Mocidades Comunistas de Baviera, motivo polo que foi internado no campo de concentración de Dachau. Durante a Segunda Guerra Mundial foi obrigado a alistarse no Exército alemán, do que desertaría en 1944, na fronte italiana. Despois da Guerra comezou a escribir, colaborando en xornais da súa Baviera natal. No ano 1958 instalouse en Suíza, onde morrería en 1980. Andersch, que foi un dos fundadores do Grupo 47, é autor dunha ampla produción literaria que abarca xéneros tan distintos como a poesía, a novela, o teatro, o ensaio e a reportaxe.

As súas obras

O pai dun asasino
foto
descatalogado