Ana Romaní Ana Romaní (Noia, 1962) publica no ano 1987 o seu primeiro libro de poemas Palabra de Mar. Despois editaríanse Das últimas mareas (1994), Arden (1998) e Love Me Tender (2006). Creou e participou en distintos proxectos artísticos, entre eles "Son Delas", "Lob*s", "Estalactitas", "Catro poetas suicidas. Intervención poetica contra a levidade" ou "A voz e o poema. Os periplos de Aviles de Taramancos". No ano 2003 publica Antón Avilés de Taramancos. Antoloxía (Galaxia). Dirixe desde 1990 o programa de información cultural "Diario Cultural" da Radio Galega, recoñecido co Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia (1992), o Premio Xerais (1999) á cooperación no labor cultural, o Premio San Martiño á Normalización Lingüística e Cultural (2000). Premio da Asociación de Escritores en lingua Galega (2007), Premio ao Fomento da Lectura na modalidade de radio da Federación de Gremios de Editores de España (2007). Polo seu labor profesional recibiu o Premio Atlantida á xornalista radiofónica do Gremi de Editors de Catalunya (2008), Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (2009) e Premio á Traxectoria Xornalistica da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2009). Premio Nacional de Periodismo Cultural 2018.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Estremas
Premio AELG 2011 ao mellor libro de poesía
Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía 2010 nos Premios da Edición da AGE
Premio da Crítica 2010 de creación literaria
Mellor Libro de Poesía 2010 para os lectores da web Fervenzas Literarias
11,30€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR