anan maria fernandez

Ana María Fernández Ana María Fernández Martínez naceu en 1949 en Palma de Mallorca, aínda que leva toda a vida en Galicia, na cidade da Coruña. Mestra de profesión, sempre tivo claro que dedicaría a súa vida a estar preto dos máis novos. Cara a eles encamiñou a súa vocación literaria, que empezou a ofrecer froitos a partir de 1977. Acadou importantes galardóns, entre eles o Premio de Teatro O Facho (1987) e o Premio Barco de Vapor (1985 e 1989), todos eles gañados en colaboración co seu home, o tamén escritor Xoán Babarro. Aínda que cultivou a narrativa e máis o teatro, é na poesía infantil onde Ana María Fernández se atopa especialmente cómoda. Un dos seus poemarios, Amar e outros verbos, recibiu no ano 2001 o Premio Lazarillo. Nese camiño, entretecido de poemas e vida sitúase ¿Quen vive aquí? (2004).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Versos da tarde laranxa
mercar
Versos da tarde laranxa
Ana María Fernández leva moitos anos coidando a poesía máis delicada para os máis pequenos e pequenas.9,80€
quen vive aqui
mercar
¿Quen vive aquí?
Un libro no que a autora mostra que é posible viaxar polo mundo guiado pola poesía.6,70€
marta
mercar
Marta ten a solución
Conto Novo quería ter a historia máis fermosa do mundo enteiro.10,50€
 

Recensións


Noticias relacionadas

E a tarde volveuse laranxa2016-07-20 08:46:21

Actividades relacionadas


Novidades

978849151630917 segundosKirmen Uribe

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR