Alberto Avendaño (Vigo, 1957) é escritor e xornalista cunha carreira profesional en dous mundos (Galicia _TVG_ e Os Estados Unidos _The Washington Post), e en tres idiomas (galego, castelán e inglés). Con Antón Reixa e Manuel M. Romón forma parte do Grupo de Comunicación Poética Rompente (1976-1983), vangarda literaria durante a transición democrática española, onde fai colaboracións artísticas con Menchu Lamas e Antón Patiño, así como cos músicos Enrique X. Macías e Julián Hernández (Siniestro Total). Traballou para a RTVG e o CDG, antes de emigrar aos Estados Unidos durante trinta anos, onde a súa obra se recolle en publicacións da Academia Norteamericana da Lingua Española, da que é membro. De regreso a Galicia, Avendaño volve a Rompente cos poemarios Que hostia din os rumororosos? (2021) e CAOSMOS (2022) con Antón Patiño. Autor de literatura infantil (dous Premios Barco de Vapor), teatro e tradutor ao galego de clásicos da literatura en inglés, Avendaño recibiu os recoñecementos máis importantes da prensa hispana dos Estados Unidos, así como tres Premios Emmy™ da Academia da TV estadounidense. Autoría foto autor: Alexandra Arata


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Maasai
Esta é unha novela sobre o amor, a guerra e a maxia dun pobo.15,50€

mercar
E outras historias
Un libro áxil e transparente, que nos leva ata os escuros matos do misterio. Os relatos dun escritor seducido polo engado cativante das palabras.12,95€

mercar
Texas
O regreso dun dos fundadores de Rompente á poesía, cun libro que se mergulla na realidade.11,50€

mercar
Aventuras de Sol
Un día de excursión polo monte pode dar de si moito máis do que un espera…9,50€

mercar
O gato metido nun saco
Catro rapaces á busca de aventuras7,60€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Grial 234 VV.AA.
Os dez animaisAntón Cortizas
Lagarta, lagarta!Elvira Ribeiro Tobío

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR