Autor/a destacado/a:
A Editorial Galaxia publicará en marzo un libro inédito de Xela Arias
19/02/21

Non te amola! é o título que ilustra Luz Beloso e que se mantiña inédito ata hoxe No vindeiro mes de marzo, a Editorial Galaxia publicará o libro inédito de Xela Arias, Non te amola! ilustrado por Luz Beloso dentro da súa colección Libros para Compartir. A publicación supón achegar ás lectoras e lectores de Galicia o único libro de narrativa escrito por Xela Arias e que permanecía inédito ata agora. En Non te amola! imos atopar unha Xela Arias sorprendente, cunha forza narrativa sobrecolledora. Estamos diante dun conxunto de historias unidas por un fío sutil que nos agasalla unha biografía emocional dunha infancia que se proxecta, vizosa, cara os nosos días. A maxia artística de Luz Beloso, que nos debuxa unha Xela nena, axudan a entender como foi esa infancia de Xela Arias e os marabillosos acontecementos que, dende a súa ollada infantil, suceden e ela nos conta. Un texto que van gozar os máis pequenos da casa pero tamén todos os que queiran achegarse á descoberta dunha Arias que se centrou na poesía pero que tamén, como di no arranque do libro, quería escribir para a xente miúda para contarlles historias de como foi un tempo, o seu, dende o convencemento de que as grandes aventuras se viven en calquera época. Coma na súa poesía, estamos diante dunha narración dunha sensibilidade magnífica. As primeiras letras do libro son xa unha declaración de intencións: Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro. Non te amola!, pois, está chamado a ser o acontecemento literario deste 2021 no que se lle dedica o Día das Letras Galegas a Xela Arias, coñecida como poeta pero non como narradora. A Editorial Galaxia publica o libro nunha das súas coleccións máis emblemáticas, en tapa dura, formato grande e a cor, nunha edición á altura do acontemcento que é a publicación dun inédito da escritora de Sarria. O libro estará nas librarías de todo o país no vindeiro mes de marzo. Fotografía de Xulio Gil.

A Escola de Letras volve cunha nova edición

Despois do grande éxito da primeira edición, a Escola de Letras volve a abrir as súas portas para todas as persoas que estean interesadas en aprender e gozar da palabra con algunhas das voces literarias máis importantes do panorama galego actual. Con novas propostas, o vindeiro luns 1 de marzo, ás 8:00 h, abrirase o prazo …

“Akna. Os mariñeiros da terra de xeo”, un berro de amor á natureza

A Editorial Galaxia publica Akna. Os mariñeiros da terra de xeo, un álbum ilustrado para a cativada, nado da escrita de Peio Lopez-Iturri e as cores de Irati Merino Petralanda. A protagonista, Akna, é unha nena inuit que se fai preguntas sobre a natureza que a rodea. Cavilacións que desenvocan nunha idea fundamental: o xeito en que …

Hoxe celébrase o Día de Rosalía de Castro

Hoxe, día 24 de febreiro, conmemórase o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis importante do Rexurdimento galego, así como a máis popular das autoras do país. Unha figura que non precisa de moitas presentacións, pois a súa inmensa personalidade, unida de forma indisoluble a Galicia, segue a inspirarnos cada día. Loitadora, reinvidicativa e moi …

40 anos de “Fábula”

Tal día coma hoxe, un 23 de febreiro de 1981, o país sufriu un intento de golpe de estado. A realidade social caracterizabase pola escuridade do momento. Unha época na que expoñer as propias ideas, en público ou en privado, era un acto de soberana valentía, pois as consecuencias podían ser inimaxinables. Francisco Castro, director xeral de Editorial …

Xulio Amigo, un ano na memoria

Hai hoxe un ano a familia da Editorial Galaxia recibía un golpe terrible polo pasamento inagardado do noso compañeiro e director comercial, Xulio Amigo. Un ano despois, lembrámolo e témolo moi presente no noso traballo diario. O seu xeito de facer as cousas, as liñas que el marcou, a maneira de amar a editoral, inspíranos …

Convócase o XXXIII Premio de Novela Manuel García Barros

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e …

Presentación de “Libres e vivas”, a través de Google Meet

O día 17 de febreiro, ás 19 h, celebrarase, a través de Google Meet, a presentación do libro colectivo Libres e vivas. Participarán no acto as autoras Charo Pita, Elisabeth Oliveira, Esther F. Carrodeguas, María Canosa, María López Sández, María Xosé Porteiro, Mercedes Queixas e Paula Carballeira; acompañadas por Francisco Castro, director xeral de Editorial …

Presentación do libro “A cámara escura”, no Porriño

Hoxe presentamos, nunha rolda de prensa, no Porriño o libro gañador da terceira edición do premio de teatro Roberto Vidal Bolaño 2020 e que recibiu José Luis Baños de Cos pola súa obra A cámara escura. Acompañando o gañador, asistiron Lourdes Moure, concelleira de Educación, Juana Gómez, directora do IES Ribeira de Louro, a dramaturga Raquel …

A Editorial Galaxia reparte libros entre as nenas e nenos hospitalizados

Nunha actividade organizada por LATE CORAZÓN!, Asociación Galega de Cardiopatías Conxénitas e Cardiopatías Familiares. Este domingo celébrase o Día Mundial das Patoloxías Conxénitas. Co gallo da celebración, desenvólvense en todo o mundo un mollo de actividades, que inclúen xornadas profesionais, lúdicas e artísticas, arredor das cardiopatías conxénitas e familiares. Co gallo desta celebración, organizáronse unha …

Charla-Coloquio coa poeta Alba Cid: “POR QUE POESÍA?”, no Club Faro de Vigo

O día 12 de febreiro, ás 20 h, celebrarase un encontro, organizado polo Club Faro de Vigo, coa poeta Alba Cid, Premio Nacional de Poesía Xoven ‘Miguel Hernández’ con Atlas, que leva por título: POR QUE POESÍA? CONVERSA E VIAXES CON ALBA CID. A charla poderase seguir vía ‘ streaming’ e sen necesidade de rexistro previo …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR