Audiocontos

Hai douscentos anos, tal día coma hoxe, aparecía a primeira compilación de contos escritos polos Irmán Grimm. Dende aquela, a súa obra foi traducida a 170 idiomas, entre outros, por suposto, ao galego. Na nosa editorial temos cinco títulos no catálogo, 'Os catro amigos', 'Branca de Neve e os sete ananos', 'Os sete cabuxos', 'Os tres osos' e 'A casiña de chocolate', unha variedade importante de títulos que en Galaxia, sempre na liña de innovar e de achegar a literatura aos formatos máis interesantes, publicamos na nosa colección Audiocontos.
Sen dúbida, cando Jacob e Wilhem Grimm fixaron estes textos para a memoria colectiva (o orixinal de 1812 está considerado Patrimonio da Humanidade) nin sequera poderían soñar que algún día eses contos ían ser, ademais de lidos, escoitados. O cal ten a súa lóxica, por outra banda, pois a base dos mesmos é fortemente oral.
Os contos dos Irmáns Grimm seguen aquí douscentos anos despois. E coa seguridade de que, dentro doutros douscentos, seguirán igualmente.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR