A nosa cinza

Está a piques de sair do prelo a edición número 15 da novela de Xavier Alcalá, 'A nosa cinza', das publicadas pola Editorial Galaxia. Mais antes houbo outras e incluso un episodio "curioso" digno de ser reseñado nunha novela de corte picaresco.
A novela de Xavier Alcalá é, sen dúbidas, un dos libros da literatura galega con máis aceptación popular da historia. Un libro que xa ten pasado por tres xeracións de galegos e galegas, dende o seu lanzamento ata a actualidade. E, obviamente, está claro que as xeracións vindeiras seguirán mergullándose nesta historia inmorrente pois nos institutos e colexios segue prescribíndose decote.
Na ligazón á dereita destas liñas pódese descargar o interesante traballo que a profesora Silvia Gaspar fixo do libro de Alcalá, un "long seller" do que nos sentimos máis que orgullosos.
En Galaxia publicamos agora a edición número 15, co cal 'A nosa cinza' chega á edición número 17 das que poderiamos chamar 'legais', pois houbo, hai décadas, incluso moitos exemplares que se venderon en edicións "piratas" que permitieron que unha persoa pouco escrupulosa, fixese durante un tempo un negocio que a lei curtou de raíz.
Isto fai difícil calcular cantos exemplares se levan vendidos de 'A nosa cinza'. Polos nosos cálculos e sumando as que no seu día se fixeron dende Follas Novas e Nós, o libro está en poder de arredor de cen mil persoas, unha marca ben difícil de conseguir para calquera libro do mundo.
'A nosa cinza' segue sendo un libro da nosa memoria.
E seguirá.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR