Encontro cos Premios da Crítica 2025, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 16, Xuño 2026 / 19:30
Data e hora de remate: 16, Xuño 2026 / 20:30
Afundación
Rúa do Vilar, 19
C.P. 15705
Santiago de Compostela

O luns 16 de xuño celebrarase, ás 19:30 h, na sede de Afundación de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19), o acto de entrega dos Premios da Crítica 2025, organizados pola Asociación Galega da Crítica (AGC).

Nesta edición, os galardóns recaeron en Fernando Castro Paredes, na modalidade de narrativa, por O lanzador de coitelos, Premio Galaxia 75 Anos, e en Lorena Souto, na modalidade de poesía, por Exuvia e saliva.

O encontro contará coas intervencións de Dolores Vilavedra, Marilar Aleixandre e Tensi Gesteira, que dedicarán un discurso ás persoas premiadas.

A actividade conta coa colaboración do Ateneo de Santiago.

Comparte nas túas redes sociais ou por email