O mércores 10 de xuño, celebrarase, ás 20:30 h, en Cidade de Libros, en Vilagarcía de Arousa, o encontro Conversas ao solpor, que leva por título A palabra que canta: cando a música se escribe.
O diálogo entre artistas permitirá explorar como a experiencia vital e a emoción se traducen en cancións e, ao mesmo tempo, en libros. Unha conversa arredor do papel da música como literatura contemporánea e da literatura como música escrita. Intervenen: Miqui Puig Fernando Fernández Rego, e Sés.