Presentación de “Volveredes brindar por min”, en Vigo

Data e hora de comezo: 27, Maio 2026 / 19:00
Data e hora de remate: 27, Maio 2026 / 20:00
C.P.

O mércores 27 de maio, celebrarase, ás 19 h, na Casa Galega da Cultura (Fundación Penzol), en Vigo, a presentación de Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño, de Ana Romaní e María Xesús Nogueira.

Acompañando as autoras, estarán Beatriz Caamaño, irmá de Begoña Caamaño; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email