Presentación “Do baile da gaita á muiñeira”, en Redondela

Data e hora de comezo: 22, Maio 2026 / 20:30
Data e hora de remate: 22, Maio 2026 / 21:30
Auditorio do Multiusos da Xunqueira – Redondela
Paseo da Xunqueira, 2A
C.P. 36800
Redondela

O venres 22 de maio, celebrarase, ás 20:30 h, no Auditorio do Multiusos da Xunqueira, en Redondela, a presentación do libro Do baile da gaita á muiñeira, de Julio Alonso.

Acompañando o autor, estarán Xurxo Martínez, investigador e responsable técnico do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela; e Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e coordinadora de Novos Proxectos de Editorial Galaxia.

O acto contará con interpretación musical a cargo de Alejo Amoedo ao piano e Xiana Teixeiro á gaita.

Comparte nas túas redes sociais ou por email