O sábado 16 de maio, celebrarase, ás 13 h, na sala de exposicións do MARCO, a presentación de Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia, en edición de Hayat Husein.
Acompañando a editora, estarán Xurxo Martínez, comisario da exposición, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.