O venres 29 de maio, celebrarase, ás 19 h, no IES Ribeira do Louro, no Porriño, o acto de entrega do Premio Vidal Bolaño a Carlos Labraña pola súa obra "Sós".
Acompañando o autor, estarán Raquel Castro (IES Ribeira do Louro); Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño; e Marcos Calveiro, director de Edición de Editorial Galaxia.