O martes 14 de abril, celebrarase, ás 19:30 h, na Real Academia de Belas Artes, na Coruña, a presentación de Tras da mirada de José Suárez, de Olaia Sendón, enmarcada dentro da conmemoración do Día das Artes Galegas dedicado a José Suárez.
Acompañando a autora, estarán Xurxo Lobato, fotógrafo, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.