Inauguración da exposición “Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia”, en Vigo

Data e hora de comezo: 30, Xaneiro 2026 / 20:00
Data e hora de remate: 30, Xaneiro 2026 / 21:00
C.P.

O venres 30 de xaneiro celebrarase ás 20 h no MARCO de Vigo a inauguración da exposición Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia.

A mostra está comisariada por Xurxo Martínez González, coa coordinación e deseño de Hayat Husein, e producida polo MARCO (Museo de Arte Contemporánea de Vigo), e a Fundación Penzol.

Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia é un proxecto expositivo reivindica o protagonismo e a relevancia dos deseñadores que traballaron na Editorial Galaxia ao longo dos seus 75 anos de historia. O seu propósito é traer ao primeiro plano o labor de deseño e imaxe da editorial a través dunha mostra das súas cubertas, organizadas segundo criterios cronolóxicos e temáticos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email