O sábado 21 de febreiro, celebrarase, ás 12 h, un roteiro guiado que leva por título “A presenza de Rosalía en Vigo” por Xurxo Martínez González, comisario da exposición.
Saída: Oliveira do Paseo de Alfonso.
Remate: Exposición “Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia” Museo MARCO.
Capacidade: 30 persoas
Sistema de reserva previa.