Charla: “LENDAS E MITOLOXÍA NA FICCIÓN: A BANDA DESEÑADA ‘SENTINELAS'”, en Pontevedra

Data e hora de comezo: 4, Novembro 2025 / 17:30
Data e hora de remate: 4, Novembro 2025 / 18:30
Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
Rúa Celso Emilio Ferreiro, s/n
C.P. 36005
Pontevedra
O martes 4 de novembro, celebrarase, ás 17:30 h, na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, unha conversa que versará sobre a inspiración das lendas e a mitoloxía galega na ficción, nesta caso en "Sentinelas no limiar das tebras".
 
Levará o título de LENDAS E MITOLOXÍA NA FICCIÓN: A BANDA DESEÑADA "SENTINELAS", e conta coa participación de Andrés Castro e Alexandre Senande.
 
Organiza o "Equipo de Dinamización da Lingua Galega" e o "Departamento de Galego" da EOI de Pontevedra.

Comparte nas túas redes sociais ou por email