Rolda de prensa de presentación arredor de “Odio”, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 22, Setembro 2025 / 11:00
Data e hora de remate: 22, Setembro 2025 / 12:00
C.P.

O luns 22 de setembro celebrarase, ás 11 h, no Salón de Actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, unha rolda de prensa arredor de Odio, Premio Neira Vilas de LIX, de Gabriel Romero de Ávila.

Acompañando o autor, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia; Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas, e Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email