O domingo 28 de setembro, celebrarase, ás 12 h, no Hotel Literario Bela Fisterra, un encontro arredor dos 75 anos de letras de Editorial Galaxia.
Contará coa presentación das obras O lanzador de coitelos, Premio Galaxia de Novela 75 Anos, de Fernando Castro Paredes; e O tenro é o salvaxe, de Samuel L. París.
Modera a escritora Concha Blanco.