Presentación de “Ben mantidos. Historia cultural da gastronomía galega”, na Coruña

Data e hora de comezo: 23, Xullo 2025 / 19:30
Data e hora de remate: 23, Xullo 2025 / 20:30
Circo de Artesán
Rúa San Andrés, 34-36
C.P.
A Coruña

O mércores 23 de xullo, celebrarase, ás 19:30 h, no Circo de Artesán, na Coruña, a presentación de Ben mantidos. Historia cultural da gastronomía galega, de Xavier Castro.

Acompañando o autor, estará Antonio Doce, médico e gastrónomo.

Organiza Asociación Cultural Alexandre Bóveda.

No evento terá lugar unha cata de varios viños que gozan de gran recoñecemento, da Eco-Adega Leive (D.O. Ribeiro), presentada por Manuel García Docampo. Serviránse tamén petiscos.

Evento de libre acceso.

Comparte nas túas redes sociais ou por email