O venres 18 de xullo, celebrarase, ás 18:30 h, na Feira da Cultura EnCaMiño, unha conversa que leva por título "A morte nas verbas".
Conversa arredor da presenza da morte na creación literaria, en concreto nos libros As despedidas, de Cecilia Santomé, Os mortos que amei, de Iria Collazo (Editorial Galaxia, 2024) e As horas mortas, de Emma Pedreira.
Modera: Pablo J. Rañales, escritor e comunicador.