O xoves 3 de xullo, celebrarase, ás 19 h, na sala de exposicóns de Afundación de Ferrol, a inauguración da exposición Crear porvir. Editorial Galaxia (1950-2025).
No acto participarán Verónica Rego López, Coordinadora Relacións Institucionais de Afundación; Xavier Alcalá, autor de Editorial Galaxia; José Antonio Ponte-Far, concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol; Severino Álvarez, director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude; e Antón Vidal Andión, Presidente do Consello de administración de Editorial Galaxia.
Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia e coordinador da exposición, fará unha visita comentada da mostra.
Entrada libre ata completar a capacidade.
Estará dispoñible ata o 30 de xullo.