A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa co­laboración de Gas Natural Fenosa, convocan o XVII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.

Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero de ensaio, e acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria intelectual da persoa á que se honra, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega, o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.

  1. Poderán participar todas as persoas que o de­sexen, sempre que os orixinais sexan inéditos e estean escritos en lingua galega.
  2. A extensión dos orixinais abranguerá entre 200.000 e 300.000 caracteres, incluídos espazos, aínda que o xurado poderá considerar flexiblemente esta condición, conforme a calidade obxectiva da obra seleccionada. Deberanse presentar cinco copias dos orixinais en formato DIN A4 mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.
  3. O tema dos ensaios será libre mais os traballos deberán evitar, na medida do posible, o enfoque propio da investigación especializada ou un excesivo carácter académico.
  4. Os orixinais deberán enviarse por correo certificado, baixo plica, a: Editorial Galaxia, Avenida de Madrid, 44, 36204 Vigo, e indicar no sobre XVII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.
  5. O prazo para a recepción de orixinais rematará o 17 de novembro do ano 2017 e a decisión do xurado, que terá carácter inapelable, darase a coñecer no transcurso do mes de decembro.
  6. Establécese un único premio de 3.000 euros que será outorgado ao ensaio que, en opinión do xurado, posúa maior fondura e orixinalidade e reúna suficientes méritos estilísticos e literarios.
  7. Se ningún dos orixinais presentados reunise estes méritos ou o xurado así o considerase, o premio poderase declarar deserto.
  8. A contía do premio inclúe os dereitos de autor da primeira edición da obra gañadora. A partir da segunda, a explotación comercial do libro premiado xerará o 10 por cento de de­reitos sobre o prezo de capa sen IVE, para o autor ou para quen el libremente determine.
  9. A Editorial Galaxia publicará e comercializará o libro na súa colección “Ensaio” e na cuberta salientará, ao par da editorial, a Xunta de Galicia, e na contracuberta os logotipos das entidades colaboradoras: Xunta de Galicia, Gas Natural Fenosa e Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Huma­nidades.
  10. As copias dos orixinais non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas.
  11. A interpretación destas bases corresponderalle exclusivamente ao xurado, cuxos membros, en número de cinco, nomearanse de común acordo entre as entidades convocantes.
  12. A presentación ao premio supón a conformidade con estas bases por parte dos participantes.

Podes descargar as bases ao completo aquí.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR