Xuño das letras na librería Trama

Categoría: Nova

Velaquí a relación dos actos organizados por Editorial Galaxia que terán lugar ao longo deste mes na librería Trama (Avenida da Coruña, 21. Lugo):

– Martes 12, ás 18.30 horas, contacontos a cargo de Ana Carreira.

– Martes 19, ás 18.30 horas, obradoiro de debuxo para nenos e nenas por Noemí López.

– Martes 26, ás 20.00 horas, presentación dos libros O monstro dos Ancares, de Toño Núñez, e Outro nome para Daniel, de Ramiro J. Álvarez.

– Martes 3 de xullo, ás 20.00 horas, charla de Xosé A. Neira Cruz sobre "Os libros que lles gustan aos nenos".

Comparte nas túas redes sociais ou por email