Xosé Monteagudo, Premio García Barros 2009

Categoría: Nova

O xurado estivo formado polos profesores e críticos literarios Inma Otero Varela e Armando Requeixo, por Luís Alonso Girgado, en representación da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Carlos Lema, en representación de Editorial Galaxia, e Valentín García Gómez, secretario do xurado.

Os membros do xurado destacaron a orixinalidade da trama da novela, dentro do universo da literatura en galego, xa que xira en torno a un desfalco bancario na década dos 80. O fallo considera que se trata dunha peza de calidade e moi cohesionada, cun ritmo de lectura rápido e sen caídas, e con personaxes de gran autenticidade.

A obra ten trazas de crónica familiar e social, ao tempo que propón unha reflexión de alcance ético. Trátase dunha novela para un público lector moi amplo.

Xosé Monteagudo Folgar reside en Pontevedra, onde traballa na delegación da Axencia Tributaria. En 2002, resultou gañador do premio Blanco Amor coa súa primeira novela, "As voces da noticia". Como gañador do certame Manuel García Barros, a súa obra será publicada por Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email