Xoán Curiel na Semana da Música Infantil da Coruña

Categoría: Nova

Xoán Curiel e Jara Ortiz subirán ao escenario da Semana da Música Infantil na Coruña para interpretar algúns dos temas da novela-disco ESTAMOS NO VERÁN!!!
Ambos os dous participarán dentro deste ciclo de música infantil que a Editorial Galaxia produce e que comezou o luns e que rematará o vindeiro domingo.
Desta volta teremos ocasión de escoitar as aventuras de Jara e Xoán que tan ben contou na novela que acompaña o disco, Charo Pita.

Comparte nas túas redes sociais ou por email