Xoán Curiel, finalista nos XIX Premios Opinión Música de Raíz

Categoría: Nova

Na Editorial Galaxia estamos moi felices porque Xoán Curiel está nomeado como finalista nos Premios Opinión Música de Raíz polo seu traballo Canta, miña pedra, canta. Homenaxe a Antonio Fraguas. Un disco editado pola nosa casa no que o autor nos propón unha viaxe polo universo de Antonio Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019.

Este traballo, bríndanos a oportunidade de facer un percorrido pola tradición popular recollida en Cantigueiro de Cotobade, e tamén con letras creadas para que os nenos e nenas coñezan o mestre galeguista.

Trátase dun galardón que acolle as creacións máis destacadas dentro da música de raíz. Premian os mellores discos, temas e artistas do ano da música folk galega. Agardamos que Curiel teña moita sorte nesta gala, aínda que, sen dúbida, estar entre os finalistas xa é todo un premio.

Comparte nas túas redes sociais ou por email