Xira de concertos de Mamá Cabra

Categoría: Nova

As Mamá Cabra e Editorial Galaxia van percorrer o País cunha xira de concertos na que o popular grupo de música infantil vai interpretar, entre outros, os temas do seu novo libro-disco Xa me tardan estes Magos e no que musicaron poemas de autores senlleiros como Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro ou Antón Cortizas.

O primeiro dos concertos será o vindeiro martes 27 de decembro, en Vigo, en sesión dobre ás 16.30 e 18.30 h, no Auditorio Municipal.

Na ligazón da dereita podes descargar o video da canción "O cuarto Rei Mago".

Comparte nas túas redes sociais ou por email